viernes, junio 24, 2011

FSC ESPAÑA MANTIENE MAYORES EXIGENCIAS PARA LA CERTIFICACIÓN DE MADERA EN GALICIA FRENTE AL RESTO DE PAÍSES FORESTALES


FSC ESPAÑA MANTIENE MAYORES EXIGENCIAS PARA LA CERTIFICACIÓN DE MADERA EN GALICIA FRENTE AL RESTO DE PAÍSES FORESTALES

-         De seguir así, este sistema hará que la materia prima local pierda cuota de mercado y el propietario gallego no pueda vender su madera
-         El acceso a madera certificada es imprescindible para que la industria gallega compita en los mercados internacionales

Santiago, 24 de junio de 2011.- La industria de la madera gallega denuncia que los requisitos que exige FSC España a los silvicultores gallegos son mayores que los que este mismo sello de calidad exige para promover el consumo de madera procedente de otros países.

Pese a que la Organización ha comenzado un modesto proceso de revisión de estándares, éste sigue adoleciendo de falta de comprensión de la realidad forestal de Galicia, de entendimiento de la figura de los montes vecinales (a los que equipara con empresas) y de justicia respecto a lo que el mismo sistema admite y promueve en países como Rusia, China, Congo, Brasil, Portugal o Suecia.

El sector gallego alerta que las dificultades para acceder a materia prima certificada de los montes gallegos, le resta competitividad en el mercado global de la madera y le obliga a tener que importar madera de otros países en lugar de adquirirla en Galicia. De esta manera, el propio funcionamiento del sistema está haciendo que la materia prima local pierda cuota de mercado, cuando uno de los criterios más importantes de la certificación es que se den oportunidades de empleo para los habitantes de la zona y que la transformación de los productos forestales se realice a nivel local.

A todo esto se une que las posibilidades de participación activa de propietarios, comunidades de montes y pymes en los órganos de decisión del sistema, se ha visto dificultada por el reciente acuerdo de subir las cuotas que se les exigen para participar en hasta un 1000%.

Comunicación: Laura Rodríguez I 663 142 193

viernes, junio 17, 2011

O FUTURO DO MONTE GALEGO PASA POR UNHA MAIOR ORDENACIÓN E XESTIÓN DO MESMO


Expertos en prevención de riscos laborais e incendios debateron sobre o futuro do monte galego no marco da Semana Verde de Silleda

O FUTURO DO MONTE GALEGO PASA POR UNHA MAIOR ORDENACIÓN E XESTIÓN DO MESMO

-         A certificación é un factor clave para chegar a ter un monte que cree riqueza e máis sostible
-         Os distintos relatorios demostraron, a través de diferentes exemplos, que un monte ben xestionado e produtivo ten menos posibilidades de sufrir incendios que un abandonado

Santiago, 17 de xuño de 2011.- A xornada técnica “A prevención como garante do futuro do sector forestal”, organizada pola Consellería do Medio Rural coa colaboración da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (Fearmaga), contou coa participación de expertos en prevención de riscos laborais e incendios que amosaron o presente e o futuro destas problemáticas no sector forestal galego.

En canto á prevención dos riscos laborais, o sector sufriu un descenso do 23% dos accidentes laborais dende o ano 2005 (segundo datos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) o que indica que o traballo que se está a realizar é o adecuado. De todos modos, incidiuse na importancia da prevención, concienciación e formación por parte tanto dos empresarios como dos traballadores do sector, para evitar futuros accidentes.

Na xornada, que se desenvolveu no marco da Semana Verde de Silleda, destacouse a importancia de investir en prevención máis que en extinción. Nesta liña indicouse que, mentres en extinción investíronse máis de 100 millóns de euros, destináronse unicamente 4 ó 5 millóns de euros á produción, tendencia que hai que cambiar para evitar que se produzan incendios.

Cómpre traballar na ordenación e xestión dos bosques, posto que aqueles que xeren riqueza para os seus veciños serán os que sofran menos riscos de incendios, experiencia que se puido comprobar a través dos exemplos dos montes de Burgueira e de Petán. Neste sentido, a certificación cumpre un papel fundamental. Ademais, os expertos sinalaron a importancia de implicar á opinión pública nesta xestión sostible.

A industria da madeira solicita maior implicación da Administración

Ana Oróns, secretaria xeral de Fearmaga, quixo destacar neste foro algunhas das preocupacións do sector galego. Na súa intervención sinalou que o Grupo Galego de Certificación Forestal e Cadea de Custodia é, a día de hoxe, o que maior superficie forestal certificada presenta en España dentro da súa modalidade, con case 15.000 hectáreas. Nesta liña, indicou a importancia de ter un sistema propio de certificación forestal, xa que “a estrutura da propiedade minifundista non era compatible coas esixencias das normas nacionais de certificación”. Esta iniciativa puxéronna en marcha as empresas sen a axuda da Administración.

Ademais, recordou a situación que continúan vivindo as empresas que se viron afectadas polo brote do nematodo. A día de hoxe, esta situación é máis delicada posto que existe a prohibición de cortas na zona demarcada (18 concellos da provincia de Pontevedra) ata o 31 de outubro, co conseguinte desabastecemento para as empresas da zona. Neste sentido, Oróns indicou que aínda non conseguiron que ninguén se poña en contacto co sector para “informarnos das posibles liñas de axudas ás empresas afectadas, nin se revisou o marco de medidas establecidas para erradicar o brote, aínda que esto supoña o peche de 40 empresas de rematantes e serradoiros”.

Finalmente, Oróns quixo lembrar que, a pesar de que a industria da madeira galega non participou no borrador da Lei de Montes, cómpre unha lei que “incentive os aproveitamentos forestais, unha lei para o monte e non para a conservación, que sexa marco regulador do uso e aproveitamento das masas forestais e que dote ao sector forestal dun marco xurídico estable, entre outros aspectos”.

Sector estratéxico para Galicia

Galicia é líder absoluto na industria da madeira española, especialmente na primeira transformación. O pasado ano realizáronse 6,8 millóns de m3 de cortas de madeira e toda a industria facturou 1.722 millóns de euros.

A comunidade galega continúa sendo un territorio privilexiado para a produción de madeira e a súa transformación. A industria da madeira de Galicia reiterou o seu compromiso de continuar xerando riqueza para a comunidade, o que se lle retornará á poboación en forma de emprego, riqueza e desenvolvemento medioambiental.

Por iso, o sector solicitou á Administración o seu apoio para poder seguir avanzando e construíndo futuro para Galicia.


Comunicación: Laura Rodríguez- 663 142 913